As viaxes no transporte público de Pontevedra custarán 0,85 céntimos

Pontevedra
14 de xullo 2021

Así consta no convenio sobre as tarifas que asinarán en próximos días o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Iso si, para acceder a ese prezo os usuarios deberán ter a tarxeta de transporte público de Galicia. No caso de pagar o billete en efectivo, haberá que abonar 1,50 euros

Autobús de transporte público
Autobús de transporte público / Mónica Patxot

Cada viaxe nas dúas liñas circulares de transporte público que se van a poñer en marcha en Pontevedra custará 0,85 céntimos. Así consta no convenio sobre as tarifas que asinarán en próximos días o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Iso si, para acceder a ese prezo os usuarios deberán ter a tarxeta de transporte público de Galicia. No caso de pagar o billete en efectivo, haberá que abonar 1,50 euros.

O edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, explicou que o Concello asumirá 50 céntimos do custo de cada billete que, coa devandita tarxeta, ascendería a 1,35 euros. Financiará todas as viaxes que se realicen dentro do propio municipio.

Para iso, o Concello destinará case 60.000 euros para o que resta de ano 2021 e uns 145.000 euros para todo 2022. Este convenio, ademais, inclúe a posibilidade de catro prórrogas máis, que terían carácter anual cada unha delas.

A bonificación ás viaxes interurbanas, por exemplo na liña entre Pontevedra, Sanxenxo e O Grove, corresponderá á Xunta de Galicia. Ademais, asumirá o 100% do custo dos transbordos se, para chegar ao seu destino, un pasaxeiro debe coller varios autobuses.

Ao prezo de 0,85 céntimos, a administración autonómica pode engadir outros descontos, como os recollidos para os usuarios da Tarxeta Nova, para os menores de 21 anos, que poden viaxar gratis; ou para os denominados viaxeiros recorrentes.

Así, nun mesmo mes, a partir da viaxe 21, o billete custará un 20% menos en cada percorrido, mentres que desde o traxecto número 41, a redución será do 50%.

Desde o goberno municipal entenden que este é un "magnífico acordo" que permitirá que Pontevedra conte cun servizo de transporte " do que careciamos".

INICIO EN SETEMBRO?

O atraso na tramitación deste convenio provocará que, previsiblemente, estas dúas novas liñas de transporte público, non poidan estar operativas ata setembro.

O convenio debe ser aprobado agora polo pleno municipal, que se celebrará o vindeiro luns 19 de xullo, e ser asinado por ambas as administracións. A partir de aí, será necesario preto dun mes para ultimar os traballos técnicos que permitirán activar este servizo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora