As vivendas de Ponte Caldelas estarán numeradas a partir do martes

Ponte Caldelas
22 de outubro 2022

O alcalde Andrés Díaz destacou "o intenso traballo dos últimos meses para facer realidade esta iniciativa que sinalizará as máis de 3.000 viviendas do municipio" cunhas placas confeccionadas en material resistente á chuvia de 15x15 centímetros  

Número identificativo nas vivendas de Ponte Caldelas
Número identificativo nas vivendas de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

As vivendas de Ponte Caldelas contarán a partir do martes cos números identificativos que, segundo o Concello, homoxeneizará a sinalización e facilitará notablemente a labor do servizo de Correos e das empresas de paquetería e de reparto a domicilio.

O alcalde Andrés Díaz destacou "o intenso traballo dos últimos meses para facer realidade esta iniciativa que sinalizará as máis de 3.000 viviendas do municipio" cunhas placas confeccionadas en material resistente á chuvia de 15x15 centímetros. O deseño ten cor mostaza combinado con números en cor blanca e letras en azul. En cada placa figurará o número da vivendas, a aldea na que se ubica e o escudo do Concello de Ponte Caldelas.

Os traballos de instalación comenzarán o martes de xeito ininterrumpido ata completar todas as vivendas. A ubicación da placa será acordado entre propietarios e a empresa instaladora.

Por outra banda, os cemiterios municipais de Caldelas e A Insua contan un pioneiro programa que dixitaliza todos os panteóns e nichos.

Esta iniciativa permite coñecer en tempo real os propietarios dos panteóns e os difuntos enterrados en cada un dos nichos, o que "facilita e axiliza o traballo das funerarias e tamén ás familias". Na entrada dos dous cemiterios tamén instalaron unha placa identificativa na que se determinan as rúas e a numeración de cada un dos panteóns.