O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, os representantes sindicais do persoal laboral asinaron o primeiro Convenio Colectivo da historia do Concello.
Este acordo chega despois de que o pleno aprobara a Relación de Postos de Traballo (RPT).
O goberno local destacou o "esforzo negociador" e o "pacto social" acadado cos traballadores municipais e os sindicatos con representación entre a plantilla de contratados laborais do Concello.
Unha vez asinado, o grupo de goberno avanza cara outro acordo cos funcionarios municipais.
Por outra banda, o pleno de Cerdedo-Cotobade ratificou por unanimidade o nomeamento do profesor e historiador Xosé Fortes Bouzán como "Fillo Predilecto".
Todos estiveron de acordo tamén na imposición do nome de Xosé Luís Bouzas "O Rubio" ao pavillón municipal de Deportes de Carballedo que, a partir de agora, será bautizado co nome deste activista comprometido co deporte e igualdade de xénero.
Ademáis, a corporación acordou que a sesión solemne para distinguir co nomeamento a Xosé Fortes Bouzán se celebre o vindeiro xoves 13 de febreiro, ás 19:30 horas no salón de actos do Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo.
O acto estará aberto á participación veciñal.