Ata o domingo 22 permanecerá aberto o prazo para presentar propostas a Noites Abertas 2024

Pontevedra
17 de outubro 2023

Amplíase o prazo inicial debido a que nos dous últimos días a páxina oficial do Concello de Pontevedra e as webs conectadas e derivadas estiveron inoperativas debido á migración do servidor municipal

Actividade de Noites Abertas
Actividade de Noites Abertas / Noites Abertas

O servizo de Xuventude do Concello de Pontevedra, encargado da organización de Noites Abertas, amplía o prazo inicial para enviar propostas á programación que se elaborará durante o próximo 2024 nesta actividade de lecer alternativo para as noites da fin de semana en Pontevedra.

O prazo para presentar solicitudes finalizará o domingo 22 de outubro ás 23.55 horas. 

O motivo desta ampliación en dous días é porque durante as últimas 48 horas, a páxina oficial do Concello de Pontevedra e todas aquelas webs conectadas ou derivadas permaneceron inoperativas debido á migración do servidor municipal, segundo indican desde o goberno local.

Ante a posibilidade de que esta circunstancia afectara á presentación de proxectos, desde o departamento de Xuventude que dirixe o concelleiro Demetrio Gómez decidíase ampliar a data de entrega.