O Ateneo Corredoira organiza unha nova Semana Cultural e Festiva en Combarro

Poio
05 de agosto 2025

A asociación Ateneo Corredoira de Combarro, entidade organizadora, presentou a programación, que inclúe actividades que mesturan música, tradición e gastronomía

Presentación do programa da Semana cultural e festiva de Combarro
Presentación do programa da Semana cultural e festiva de Combarro / Concello de Poio

Desde este venres, 8 de agosto, e ata o domingo, 17 de agosto, Combarro acolle a celebración da 43 Semana Cultural e Festiva do San Roque.

Este luns o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e representantes do asociación Ateneo Corredoira de Combarro, entidade organizadora, presentaron a programación, que inclúe actividades que mesturan música, tradición e gastronomía.

A Semana arranca este venres coa lectura do pregón e as entregas das distincións "Mexillón de Ouro", a partir das 21.15 horas. A xornada continuará coa actuación da agrupación folclórica Vides Novas e a inauguración da exposición-homenaxe á señora Camila na Escola do Campo. O grupo Rever porá a música desde as 22.30 horas na Praza de San Roque con queimada popular.

O sábado 9 inclúese unha visita cultural á Illa de Tambo, con saída desde o Porto da Canteira ás 17.00 horas. A agrupación Abiñadoira actuará ás 20.30 horas, mentres que a sesión musical rematará ás 22.030 na praza da Rualeira co dúo 'Algo pasa con Mery'.

O domingo 10 comezará a xornada coa batucada de Os Queimatasas, ás 13.00 horas polas rúas de Combarro. A sesión vermú será co DJ local, Arroww, na Praza da Rúaleira desde as 13.30 horas. Para a rapazada organizarase unha sesión con inchables pola tarde, e o grupo Blue Merrow ofrecerá un concerto pola noite, ás 22.30 horas, na Praia do Padrón.

Xa o luns a Charanga Mil percorrerá as rúas desde as 20.00 horas, mentres que a Escola de Música de Poio ofrecerá un concerto na Praza da Chousa ás 21.00 horas.

Os cantos de taberna dos Firrás amenizarán a tarde do martes na Praza da Chousa, a partir das 21.00 horas. E, de seguido, será o concerto de Chroma.

O mércores 13, o espectáculo de Saltimbanqui percorrerá Combarro, para rematar o día co concerto de música do grupo Four Passengers ás 22.30 horas na Praza da Chousa.

O xoves 14 e venres 15 celebrarase a Festa do Mexillón, coa apertura de carpas de degustación na Praza da Chousa ás 12.00 horas, nas que se ofrece degustación de mexillón en empanada, en escabeche, tigre, ao vapor e vinagreta. O xoves, están programados os pasarrúas da Escola de música tradicional de Poio, ás 13.00 horas, e de Fanfarria Furruxa, ás 20.30 horas, así como as actuacións de Four Passengers ás 13.30 horas na carpa de degustación e do grupo As Lembranzas, ás 22.30 horas, na Praza da Chousa.

Xa o venres, a música correrá a cargo de AC Trompos ós Pés de Marín e do dúo musical Take It Easy ao mediodía na carpa de degustación. Tras a baixada da imaxe da Virxe da Renda, acompañada pola agrupación Vides Noves, a canción mariñeira chegará á Praza da Chousa a través do grupo Portonovo Canta. A xornada rematará co concerto da Banda do Sequío, a partir das 22.30 horas.

O sábado 16 celebrarase, ás 12.00 horas, unha misa solemne na honra de San Roque, cantada pola coral Virxe de Fátima, de Campelo, seguido de procesión cos acordes da Banda de Música Airiños do Morrazo. A sesión vermú estará amenizada pola música de Llorente&Tribu, e pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase a Festa do Can co espectáculo do Bosque Viviente, amenizado por Vides Novas na Praza da Chousa. O Grupo M-80 ofrecerá un concerto a partir das 22.30 horas.

A Semana Cultural e Festiva remata o domingo 17. Desde as 10.00 horas a Charanga 112 estará amenizando as rúas de Combarro. A sesión vermú será ás 13.30 horas, coa actuación musical na Praza da Chousa do grupo La Supersonic. Pola tarde os máis pequenos serán protagonistas coa Festa da Escuma, ás 18.00 horas. A subida da imaxe da Virxe da Renda será ás 20.30 horas, acompañada pola agrupación Vides Novas, e o fin de festa correrá a cargo do grupo Raúl&Cía, na Praza da Chousa ás 21.30 horas.