O Poio Pescamar, o Atlético Navalcarnero e o STV Roldán son os equipos que máis futbolistas achegan á primeira concentración da tempada da Selección Española Absoluta.
A seleccionadora nacional, Clàudia Pons, fixo oficial este luns a lista para unha xanela internacional na que España comezará a preparar o Mundial de Filipinas.
Nela aparecen tres futbolistas do conxunto conserveiro, como son Ale de Paz, a gardameta Elena e unha das súas recentes fichaxes, Noelia Montoro.
A noticia chega apenas uns días despois de que o Poio Pescamar iniciara a súa pretempada.
As internacionais teñen previsto concentrarse en Las Rozas o 18 de agosto, e o 23 xogarán un amigable ante o MRB Móstoles cadete masculino.
Pola súa banda, informa a Real Federación Española de Fútbol, a Selección viaxará o 26 de agosto á capital de Marrocos, Rabat.
Alí afrontarán un dobre amistoso fronte ás campioas de África os días 29 e 30 de agosto.
Clàudia Pons chamou a un total de 16 xogadoras.
🚨 𝗖𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗼𝘀 𝗮𝗺𝗶𝘀𝘁𝗼𝘀𝗼𝘀 𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗠𝗮𝗿𝗿𝘂𝗲𝗰𝗼𝘀
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) August 4, 2025
➡️ Clàudia Pons llama a 16 jugadoras para la primera concentración de preparación para el Mundial de Filipinas
🔗 https://t.co/F5wYfsOnNs#FutsalEspaña pic.twitter.com/Y34Uh5JDuU