Atentos ao operativo especial de tráfico ante o Campionato de España de Triatlon e Aquatlon

Pontevedra
17 de xuño 2015

Dende este mércores 17 de xuño estase a colocar o valado de prohibición de estacionamento e distribuíndo os carteis informativos en toda a cidade sobre a mobilidade e o operativo especial de tráfico establecido do venres ao domingo

Zona de transición no Campionato España de Triatlon 2012 disputado en Pontevedra
Zona de transición no Campionato España de Triatlon 2012 disputado en Pontevedra / Juan Mejuto

A partir deste venres 19, Pontevedra será o escenario do Campionato de España de Triatlon e Aquatlon para o que a Policía Local estableceu un operativo especial de tráfico debido aos cortes e eliminación de aparcadoiros que leva consigo a proba.

As probas desenvolveranse entre a Ponte de Santiago; Ponte dos Tirantes; Rafael Areses; Alexandre Bóveda; Avenida de Compostela no seu carril de salidad da cidade; Xosé Malvar, entre a Ponte dos Tirantes e a rúa da Seca e a Avenida de Bos Aires, entre a Ponte de Santiago e o das Palabras (Monte Porreiro).

Dende este mércores 17 de xuño estanse a instalar os valos de prohibición de estacionamento e distribúen os carteis informativos en toda a cidade sobre a mobilidade e o operativo de tráfico establecido dende o venres ata o domingo.

A partir das 22.00 horas deste xoves 18 prohibirase o estacionamento na avenida de Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e a Rúa do Mare. A partir das 15.00 horas do venres 19 quedará prohibido aparcar na avenida de Bos Aires, avenida de Compostela, Rafael Areses e Xosé Malvar. E a partir das 22.00 horas do venres tampouco se poderá estacionar en Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro e adxacentes, ademais de no aparcadoiro disuasorio situado fronte ao Pavillón de Deportes.