Atopan dúas cadelas recentemente nadas dentro dun contedor

Umia
13 de setembro 2019

Atopáronas dentro dunha bolsa a piques de morrer de asfixia cando ían botar o lixo. Unha vez rescatadas, leváronas á protectora de animais de Armenteira e atópanse en perfecto estado

Cachorros encontrados dentro dun contedor en Cuntis
Cachorros encontrados dentro dun contedor en Cuntis

Este jueves, unha muller e o seu fillo atopáronse dous cachorros dentro dunha bolsa dun contedor en Xinzo, Cuntis, cando ían botar o lixo.

Segundo relatou Cristina Alonso, técnico de Protección Civil, o neno escoitou uns ruídos que proviñan de dentro do contedor e decidiron botar unha ollada para ver que había dentro, e para a súa sorpresa, topáronse con dúas perritas recentemente nadas dentro dunha bolsa a piques de morrer por asfixia.

Unha vez liberadas, chamaron a Protección Civil e Cristina, xunto con outra compañeira, encargouse de ir ao lugar onde se atopaban e recoller aos animais.

"Como a chica que os encontrou ten unha cadela recién parida, deulle de comer, pero dixo que non podía quedarse con elas porque xa ten catro cans", dixo Cristina. Unha vez recuperaron forzas, decidiron levalas á protectora de Armenteira (CAAN) onde están actualmente en perfecto estado.

Esta non é a primeira vez que tanto Cristina como os seus compañeiros atópanse con episodios como este xa que, hai uns meses, topáronse con cinco cachorros diante do Concello en peores condicións. "Non ten perdón de dios", concluíu a técnico.