Os cachorros encontrados nun contedor de Cuntis evolucionan favorablemente no CAAN grazas a Rula

Umia
13 de setembro 2019

Desde a Deputación poñerán en marcha nas próximas semanas unha nova campaña contra o abandono e a prol das adopcións. Ademáis, investirán máis de 280 mil euros en actuacións de mellora do CAAN de Meis, centro donde se encontran as cadelas

Rula e os cachorros encontrados dentro dun contedor en Cuntis
Rula e os cachorros encontrados dentro dun contedor en Cuntis / Deputación de Pontevedra

Esta semana, unha nai e o seu fillo atoparon dúas cadelas de dous días dentro dun contedor a piques de morrer de asfixia.

Unha vez sacadas do contedor, foron levadas ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAM), onde se encargaron de acollelas.

As crías, de cor negra e mestizas, foron bautizadas no centro como Ánxela e Mara e estanse recuperando coa axuda de Rula, outra cadela do centro que as adoptou e estaas coidando.

O persoal do CAAN destacou que Rula está a aceptar moi ben ás crías, que van evolucionando favorablemente mentres se lles complementa a alimentación con biberóns. Se a recuperación dos cachorros vai para adiante, o centro esperará a que cumpran 45 días para vacinalos e logo ofrecelos en adopción.

Desde que o centro púxose en marcha en abril de 2013, superaron o 9 mil intervencións feitas nos 48 concellos da provincia que están adheridos a este servizo da Deputación, cunha poboación beneficiada de 400 mil persoas. Preto de 400 animais atópanse actualmente no centro e, no que vai de 2019, recolléronse 563.

É por iso, que desde a Deputación critican este tipo de episodios e poñerá en marcha nas próximas semanas unha nova campaña contra o abandono e a prol das adopcións. 

Así mesmo, o goberno de Carmela Silva aprobou a principios do mes de setembro a adxudicación do contrato para a posta en marcha de novas actuacións de mellora do CAAN de Meis por valor de máis de 280 mil euros. Tal e como explicou a presidenta da Deputación, o proxecto abarca unha nova zona de maternidade, outra de emparellamento, a remodelación da zona de corentena e hospitalización e a mellora do espazo da clínica.