Atopan un can pechado sen auga nen comida en Combarro

Poio
10 de xuño 2020

Os animalistas afirman que este caso evidencia o "continuo desprezo" que algunhas persoas teñen polos animais, aos que someten a un trato "inadecuado" e mantéñenos coma se fosen "meros obxectos decorativos" ou como elementos de aviso para previr roubos

Can atopado en Combarro
Can atopado en Combarro /

Colectivos animalistas denunciaron o achado en Combarro dun can que estaba encerrado sen comida nin auga, algo que viola a lei de benestar animal.

A Fundación Franz Weber e a Asociación Animalista Libera aseguran que o animal, un can de raza pastor alemán, foi descuberto por senderistas que paseaban polo Camiño do Monte Covelo, onde existe un miradoiro moi frecuentado por excursionistas.

O can atopábase, segundo consta na denuncia, no interior dunha construción precaria e carecía de elementos básicos para a súa supervivencia.

O espazo onde está aloxado o can carece de condicións básicas de seguridade e mostra como o animal podería desenvolver algunha estereotipia por mor da súa catividade, como os buracos sobre o chan de terra.

A maiores, como advirten desde a fundación Franz Weber, os responsables do animal que ademais mostraba síntomas de debilidade nas súas patas traseiras, poderían ser multados por non facilitar alimento e auga, sendo sancións de carácter leve con sancións de ata 500 euros.

Con todo, se non recibiu atención veterinaria poderían imputar outra infracción grave "por non proporcionar aos animais os tratamentos necesarios para evitar o seu sufrimento".

Os animalistas afirman que este caso evidencia o "continuo desprezo" que algunhas persoas teñen polos animais, aos que someten a un trato "inadecuado" e mantéñenos coma se fosen "meros obxectos decorativos" ou como elementos de aviso para previr roubos. 

Neste sentido, lamentan que o goberno autonómico non faga cumprir a normativa e, como lles faculta a lei, non comisen animais que se atopen en mal estado ou baixos malos tratos e interpoñan inhabilitacións para a tenencia de animais por un máximo de cinco anos.