Atopan unha plantación de marihuana na vivenda dun veciño de Raxó investigado por un roubo

Poio
29 de agosto 2024

A Policía Local abriu dilixencias de investigación por un presunto delito de contra a saúde pública (tráfico de drogas) e quedou citado tamén para o xuízo polo presunto furto

Marihuana confiscada
Marihuana confiscada / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio localizou nunha vivenda da Rúa Ramón Encinas en Raxó o cultivo de varias plantas de marihuana.

A localización da substancia tivo lugar o pasado xoves e foi posible dado que unha patrulla da Policía Local ía citar a un veciño do lugar para un xuízo rápido por presunto furto nun establecemento de Poio en días anteriores, sendo o autor dos feitos o mesmo que cultivaba varias plantas no acceso a súa vivenda. 

A Policía Local abriu dilixencias de investigación por un presunto delito de contra a saúde pública (tráfico de drogas) e quedou citado tamén para o xuízo polo presunto furto.

O total intervido de marihuana foi de 350 gramos desta substancia que serán remitidas a área de Sanidade Exterior de Vigo para súa análise e destrución.

O valor da substancia retirada do mercado ilícito é de aproximadamente uns 2.000 euros.