Atrasan ao mércores o inicio da vacunación da covid-19 en Pontevedra

Pontevedra
28 de decembro 2020

Ata o mércores, un día máis tarde do previsto, non poderá comezar a campaña de vacinación da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. O atraso é debido a unha "incidencia loxística" que sufriu o laboratorio Pfizer-BioNTech na entrega da vacina a sete países, entre eles España

Vacina da covid-19
Vacina da covid-19 /

Ata o mércores, un día máis tarde do previsto, non poderá comezar a campaña de vacinación da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

O atraso é debido a unha "incidencia loxística" que sufriu o laboratorio Pfizer-BioNTech na entrega da vacina a sete países, entre eles España.

Galicia tería que recibir este luns unhas 18.000 vacinas, o que permitiría vacinar a partir do martes a usuarios e traballadores de residencias de maiores das sete áreas sanitarias galegas.

Esa programación tivo que ser atrasada un día, debido a este problema no transporte da vacina. Esta incidencia, segundo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, xa está resolta.

As autoridades sanitarias galegas estiman que, coas doses que recibirá cada luns, poderanse vacinar unhas 1.000 persoas ao día en toda Galicia.

O obxectivo é que todos os usuarios e traballadores das residencias, así como 3.000 sanitarios que están en primeira liña da loita contra a covid-19, o primeiro grupo obxectivo de vacinación, estea inxectado con este soro a principios de febreiro. 

A partir de aí será a quenda do resto do persoal sanitario dos hospitais galegos.