Un home resultou ferido tras ser atropelado cando cruzaba a ponte de Santiago.
O accidente tivo lugar este sábado sobre as 18.40 horas.
O home estaba a practicar atletismo e cruzou correndo á altura do paso de peóns cando foi embestido polo vehículo.
Ao lugar do suceso acudiu unha ambulancia do 061 que trasladou ao deportista ata un centro sanitario. Estaba consciente e queixábase dunha forte dor nun ombreiro. Tamén se presentou unha patrulla da Policía Local para redactar un atestado sobre as causas do accidente.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.