Atropelado un mozo no paso de peóns fronte ao Concello de Marín

Marín
19 de xullo 2024

O conductor do vehículo, que deu negativo en alcool e drogas, alegou que foi o sol baixo o que lle reflexou e lle cegou, impedíndolle ver ao peón, mais seguirase o procedemento de investigación correspondente para clarificar as causas do accidente

Centro urbano de Marín Mónica Patxot

A Policía Local de Marín informou dun atropelo acontecido no paso de peóns fronte ao Concello, na Avenida de Ourense. 

Un vehículo alcanzou a un mozo, que sufriu un traumatismo na cabeza e máis lesións. 

Unha ambulancia desprazouse ata ao lugar para trasladalo ao Hospital Quirón. 

O conductor do vehículo, que deu negativo en alcool e drogas, alegou que foi o sol baixo o que lle reflexou e lle cegou, impedíndolle ver ao peón, mais seguirase o procedemento de investigación correspondente para clarificar as causas do accidente.