Atropelo dunha muller de 61 anos na rotonda da Barca

Poio
22 de novembro 2022

O accidente, segundo a Policía Local de Poio, rexistrábase ás 08.18 horas deste martes 22 de novembro. A muller cruzaba polo paso de peóns e sufríu diferentes mancaduras. Foi trasladada ao Hospital Montecelo

Atropelo dunha muller na rotonda da Barca, en Poio
Atropelo dunha muller na rotonda da Barca, en Poio / Policía Local de Poio

Ás 08.18 horas deste martes 22, unha muller que camiñaba, cruzando no paso de peóns, pola rotonda da Barca resultaba atropelada por un vehículo, que lle produciu diferentes mancaduras.

O suceso rexistrábase cando aínda era de noite e chovía con intensidade na zona.

A muller, de 61 anos de idade, foi trasladada ao Hospital Montecelo, segundo informa a Policía Local de Poio. Segundo os primeiros informes, sufría dor no peito e no nocello derivado do impacto e a posterior caída.

A Policía Local iniciou dilixencias de investigación. O condutor foi sometido a un control de consumo de alcol e drogas, no que ofreceu resultado negativo.