Dá positivo en consumo de drogas tras conducir por leiras de Poio ata atrancar o turismo

Poio
12 de xaneiro 2023

Sucedía durante a mañá deste xoves 12 de xaneiro na zona da Fontenla na parroquia de San Xoán. A Policía Local de Poio identificou o condutor que deixara atorado o turismo nunha zona impracticable. Foi sancionado con 1.000 euros de multa e a retirada de seis puntos

Leira onde quedaba atrapado o turismo en Fontenla, en San Xoán de Poio
Leira onde quedaba atrapado o turismo en Fontenla, en San Xoán de Poio / Policía Local de Poio

Residentes da zona de Fontenla na parroquia de San Xoán de Poio quedaron sorprendidos ao comprobar que este xoves 12, ao redor das 13.00 horas, un mozo circulaba cun turismo polo medio das leiras da zona.

A peripecia provocou que o vehículo quedara atrancado nunha zona embarrada.

Ata o lugar achegábase unha dotación da Policía Local de Poio, que identificaba o condutor na zona impracticable, a uns trescentos metros do vial asfaltado. 

Na primeira exploración, os axentes comprobaron que o home ofrecía claros síntomas de ter consumido algunha substancia estupefaciente.

Unha vez realizadas a probas, o test confirmaba o positivo en consumo de drogas.

Debido a esta infracción, o home recibiu unha sanción de 1.000 euros de multa coa retirada de seis puntos do permiso de circulación, segundo informa a Policía Local de Poio..