AUDIO.- A nai de Alberto Pardo confirma a chamada do Goberno: "No sé qué tipo de error se cometió"

Pontevedra
15 de novembro 2015

Pilar Touceda conta como pasaron as últimas horas, desde de que o Goberno lles comunicou que o seu fillo, Alberto Pardo, falecera nos atentados de París ata que lograron falar con el. "A mí personalmente nadie me llamó para pedir, no sé si disculpas o lo que sea", sentenza

Pilar Touceda fala cos medios de comunicación a través do interfono da súa casa PontevedraViva

Son as verbas dunha nai que pensou, durante unhas horas, que o seu fillo falecera nos atentados de París.

A través do interfono da súa casa, en Pontevedra, e a preguntas dos medios de comunicación, Pilar Touceda conta como pasaron as últimas horas, desde que o Goberno lles comunicou que o seu fillo, Alberto Pardo, falecera nos atentados ata que lograron falar con el.

"No sé qué tipo de error se cometió en la identificación", explica tras recoñecer que desde fontes oficiais do Goberno "llamaron a alguien de la familia" para comunicar oficialmente o falecemento.

"A mí personalmente nadie me llamó para pedir, no sé si disculpas o lo que sea", sentencia.