A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobaba este venres a convocatoria do programa +Emprega en Centros Especiais de Emprego para este 2025, cunha dotación económica de 67.000 euros.
A dotación económica supón un incremento do 22% respecto á concedida para o mesmo fin en 2024.
O programa está dirixido a financiar os custos de persoal das unidades de apoio á actividade profesional nos Centros Especiais de Emprego.
Esta decisión permitirá subvencionar ata un máximo de 15.000 euros por entidade solicitante en réxime de concorrencia competitiva.
"Esta liña de axudas é fundamental para promover a integración laboral das persoas con discapacidade e facilitar a súa inserción no mercado de traballo", destacou o presidente provincial, Luis López.
Na edición do pasado ano, sete entidades de diversos concellos da provincia beneficiáronse destas axudas: San Jerónimo Emiliani (A Guarda), Juan María Empleo SL (Nigrán), Asociación de Discapacitados Intelectuais Virgen de la O e Juan XXIII (Pontevedra), Lume Emprego (O Porriño), Grupo Sifu Galicia (Vigo) e BATA (Vilagarcía de Arousa).