Avanza a redacción do plan especial de protección para o casco vello e Cantodarea

Marín
31 de outubro 2025

A sala de xuntas do Concello acolleu este xoves a celebración dunha reunión participativa cos representantes dos grupos políticos da Corporación en torno á redacción do plan

Reunión para a redacción do plan especial de protección para o casco vello e Cantodarea

O plan especial de protección para o casco vello-Banda do Río e Cantodarea que impulsa o Concello de Marín xa vai tomando forma

A sala de xuntas do Concello acolleu este xoves a celebración dunha reunión participativa cos representantes dos grupos políticos da Corporación en torno á redacción do plan. 

Os redactores do plan están analizando estas zonas, que teñen idiosincrasias propias das que é posible extraer similitudes comúns de cara á redación de novas normativas.

O plan ten tres obxectivos básicos: protexelas a nivel patrimonial, respectando a súa identidade e valor histórico, impulsar a revitalización urbana e fomentar a rehabilitación edificatoria

Todo iso vaise trazar en base a unha serie de normativas urbanísticas, que os redactores explican que queren que "as persoas sintan como súas".

Os grupos fixeron as súas achegas, destacando a importancia de reparar nos casos particulares para poder adaptar, na medida do posible, as esixencias de accesibilidade e edificabilidad cos usos tradicionais dos comercios ou locais.

A empresa encargada da redación do documento asegura que a nivel de rehabilitación edificatoria "hai en Marín, tanto na zona de Santa María do Porto como en Cantodarea, moi bos exemplos que poderían servir como boas prácticas para establecer guías de cores, materiais...".

A redacción seguirá os seus pasos con encontros veciñais, sectoriais e co tecido comercial e empresarial, pois consideran que todos eles son clave para analizar os barrios do presente e proxectar as súas melloras futuras.