As obras de humanización do primeiro tramo da rúa Jaime Janer están a ser executadas a moi bo ritmo, segundo valoraron dende o goberno local. O bo tempo e a experiencia de execución da empresa adxudicataria co traballo de persoal que están a levar a cabo, facilita que xa se empezase a colocar a pedra nas beirarrúas.
O cambio das redes municipais xa esta realizado na maioría dos tramos, procedéndose na marxe dereita de suba a formigonar e á colocación a nivel das beirarrúas.
Dende o equipo de goberno entenden que esta mellora continuará a xa iniciada na rúa Almuíña, tendo en conta que a execución dun único carril de baixada que posibilitará o ensanche das beirarrúas que quedaran a nivel da calzada que se executará en formigón, non en pedra.
Nunha das marxes manterase a parada de taxis e o carga e descarga e no outro lado colocaranse unhas xardineiras que actuarán de límite entre a calzada e a beirarrúa para maior seguridade.
A obra finánciase con fondos da Deputación que xa propiciou a través dos Plans Provinciais a actuación anterior.