Avanzan a bo ritmo as obras de pavimentación do núcleo morañés de Ruibal

Umia
20 de decembro 2022

Actuouse en toda esta zona para mellorar a infraestrutura viaria, pero tamén para renovar toda a canalización das augas pluviais, reasfaltando e deixando a pavimentación en perfecto estado

Asfaltado no lugar de Ruibal, en Amil Concello de Moraña

O alcalde, José Cela, estivo este martes xunto cos operarios encargados do asfaltado que se está a levar a cabo no lugar de Ruibal, en Amil.

Actuouse en toda esta zona para mellorar a infraestrutura viaria, pero tamén para renovar toda a canalización das augas pluviais, reasfaltando e deixando a pavimentación en perfecto estado.

Cela remarcou a importancia que ten actuar nas parroquias, segundo dixo "facer inversións no rural é fundamental" xa que "todos os veciños e veciñas de Moraña teñen o mesmo dereito a ter uns espazos urbanos en boas condicións".

O orzamento total supera os 32.000 euros de inversión.