Avícola de Galicia (Avigal), empresa referente na produción de carne de ave en Pontevedra, anuncia o lanzamento do Pollo Pío Campero, un produto único que combina tradición, benestar animal e sabor auténtico.
O Pollo Pío Campero, dirixido á canle tradicional, nace cunha filosofía clara: recupera a maneira de criar de outrora, con paciencia, liberdade e respecto polos ritmos de hai anos. A súa lema é sinxelo pero contundente: "Vai por libre".
Criado en liberdade e con espazo para moverse
O Pío Campero críase nun total de 13 granxas galegas que, a pesar de manter a esencia tradicional, contan con acceso ao campo, permitindo que os animais poidan saír libremente, moverse ao seu ritmo e crecer nunha contorna natural. Esta menor densidade nas explotacións garante un máximo nivel de benestar animal.
Cada polo críase durante un mínimo de 56 días, o dobre de tempo que un polo industrial. Este crecemento lento, unido á súa crianza en liberdade, achega unha textura firme e un sabor inconfundible, moi apreciado no mercado tradicional.
Tradición e tecnoloxía en equilibrio
Aínda que recupera a esencia da avicultura de antes, Avigal incorporou a tecnoloxía máis avanzada para garantir calidade e seguridade.
As 13 granxas de Pío Campero contan con sistemas de control de humidade, temperatura, luz, CO₂ e amoníaco, o que asegura un ambiente saudable para o animal e mantén os estándar máis exixentes de bioseguridad.

Alimentación 100% natural
Outro dos alicerces deste produto é a súa alimentación. Avigal elabora na súa propia planta os pensos que consomen estes pitos, formulados unicamente a base de ingredientes vexetais. Cun contido mínimo de 65% de cereais, nos que predomina o millo, e enriquecidos con vitaminas e minerais, estes pensos achegan ao pito a enerxía e os nutrientes necesarios para un desenvolvemento equilibrado e natural.
Un produto exclusivo con selo Galicia Calidade
O Pollo Pío Campero, comercialízase principalmente enteiro, pensado para a preparación de asados e receitas ao forno nas que poida despregar todo o seu potencial gastronómico. O seu carácter exclusivo reflíctese tamén na súa limitada produción.
Actualmente o Pío Campero pódese atopar nos principais mercados tradicionais de Galicia. Grazas á súa crianza diferenciada, ao seu sabor auténtico e ao seu respecto polo benestar animal, o Pío Campero conta co prestixioso selo Galicia Calidade, que certifica a súa orixe e excelencia.

Sobre Avigal
Empresa dedicada á cría, sacrificio, despezamento e distribución de pito e outras variedades avícolas do Grupo Agroalimentario Vall Companys. Avícola de Galicia leva 60 anos levando ás mesas dos seus consumidores produtos avícolas da mellor calidade.
Durante estes anos, a compañía adaptouse ás novas tecnoloxías e creceu e evolucionado constantemente, coidando do mercado tradicional e estendéndonos a novos formatos de produto. Todo, con total garantía de benestar animal, respecto á súa contorna e honrando a confianza dos seus consumidores.