Baixan ata os 179 os casos activos de coronavirus na Boa Vila

Pontevedra
23 de decembro 2020

Os alcaldes de Pontevedra, Poio, Marín, Bueu, Sanxenxo, Ponte Caldelas, Vilaboa, Soutomaior e Cerdedo-Cotobade participaron este mércores na reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés para avaliar a situación da pandemia nesta zona

Zona do Hospital Provincial onde se fan as probas PCR para detectar casos de covid-19
Zona do Hospital Provincial onde se fan as probas PCR para detectar casos de covid-19 / Mónica Patxot

Os alcaldes de Pontevedra, Poio, Marín, Bueu, Sanxenxo, Ponte Caldelas, Vilaboa, Soutomaior e Cerdedo-Cotobade participaron este mércores na reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés para avaliar a situación da pandemia nesta zona.

Este mércores 23 de decembro, en Pontevedra capital hai 179 casos activos de covid-19. Son 14 persoas menos que onte martes. A incidencia acumulada a 14 días é de 178 casos por cada 100.000 habitantes e a 7 días é de 57.

Marín ten este mércores 47 casos activos, tres menos respecto a onte, e unha incidencia acumulada a sete días de 37 e a catorce días de 148. En Sanxenxo son 63 casos activos, dous menos que o martes e en Poio, 44 casos, tres menos que onte.

Segundo indicou o xerente da área sanitaria José Ramón Gómez, a situación continúa estable, pero é preciso seguir mantendo a vixilancia e as restricións, especialmente de cara ás datas que estamos a atravesar.

No caso de Bueu, despois de comunicar hai unha semana que o municipio se atopa en nivel de alerta máxima, a día de hoxe son 74 os casos positivos, e se está valorando comezar cun cribado por sectores de poboación, que a Xunta concretará e detallará nos próximos días.