Nove empresas presentáronse ao concurso para a execución da piscina municipal de Barro, resultando adxudicada á empresa Constructora e Ingeniería Messi S.A, que presentou a mellor oferta.
O proxecto estaba orzamentado en 358.488,72 euros e a empresa adxudicataria presentou unha oferta por valor de 293.960,75.
As obras a realizar consisten na urbanización da parcela, con construción de muros de contención, un edificio de servizos de 180 metros cadrados e un cuarto de instalacións de 42,70 metros cadrados, ademais das propias piscinas.
A piscina infantil terá unha dimensión 6x8 metros. A piscina para adultos terá unhas dimensións de 25x10, e contará cunha rampla lateral de acceso á auga para facela totalmente accesíbel.
O prazo de execución é de cinco meses e en canto estean rematadas Barro contará cun novo equipamento do que carecía para uso e disfruto de todos os veciños nos meses de verán.
Esta obra está financiada con cargo ao plan de reequilibrio da Deputación de Pontevedra para investimentos en dotacións singulares.