A Xunta de Goberno Local do Concello de Barro vén de aprobar a licenza de obra a EDF-Solar S.A. para a construción dun centro tecnolóxico para o desarrollo de módulos fotovoltáicos no Polígono de Outeda-Curro.
A empresa EDF-Solar S.A. vai executar a súa nave para o centro tecnolóxico na parcela E-01, que conta cunha superficie de 2.737 metros cadrados, dos cales 1.905,75 serán os empregados para construir as instalacións, e nas que van investir 733.231,29 euros.
É un importante paso na consolidación desta empresa punteira no sector das enerxías renovables que ten a súa sede en Barro. A construción desta nova nave para o desenvolvemento de módulos fotovoltaicos supón un novo paso na ocupación de terreos do polígono de Outeda-Curro. Ademais, pon de manifesto o atractivo deste polígono como motor económico da comarca, que segue avanzado na súa ocupación mentres sexa posible nestes momentos de incertezas económicas.
Para o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, representa unha satisfación comprobar como se van consolidando os polígonos de Barro co asentamento de novas empresas e que, ademais, servan como referencia para empresas relacionadas coa alimentación e coas enerxías renovables.
Estas iniciativas empresariais son prioritarias para o Goberno municipal e para os técnicos municipais, que tramitan estes expedientes coa maior celeridade posible, co fin de facilitar o asentamento destas compañías no concello. Axilidade que teñen agradecido ao alcalde tanto os responsables das firmas xa sentadas como representantes de asociacións empresariais.
O Concello de Barro entende que é de salientar a importancia do asentamento de negocios que traballan en prol das enerxías renovables como eixo fundamental cara unha economía verde e sostible.