Barro concede a licenza de construción a Froiz para construír o seu centro loxísitico

Barro
23 de setembro 2021

A Xunta de Goberno do Concello de Barro vén de conceder licenza a Distribuciones Froiz S.A.U. para a construción do seu Centro Loxístico de Distribución no polígono de Outeda

Parcela destinada á nave de Distribuciones Froiz no Polígono de Barro
Parcela destinada á nave de Distribuciones Froiz no Polígono de Barro / Concello de Barro

A Xunta de Goberno do Concello de Barro concedeu a Distribucións Froiz S.A.U. a licenza necesaria para a construción do seu Centro Loxístico de Distribución no polígono de Outeda.

O proxecto da firma alimenticia conta cun orzamento de 5.738.134,47 euros para a construción dunha instalación de 24.124 metros cadrados sobre unha parcela de 44.826 metros cadrados.

Esta nova nave únese á xa construída por Froiz no polígono de Barro aos conxelados.

Nestas novas instalacións "poderán chegar a traballar máis de 500 persoas", sinalan desde o goberno local de barro.

"Desde o concello damos todas as facilidades posibles ás empresas que se queren asentar en Barro e axilizamos ao máximo os trámites administrativos para que a súa implantación sexa unha realidade o máis pronto posible", sinala respecto diso o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes satisfeito pola alta ocupación que está a lograr o polígono industrial.