Barro reparte material de protección entre os comercios que reabriron

Barro
11 de maio 2020

Xel hidroalcólico, máscaras desbotables e reutilizables, pantallas de protección e carteis informativos. É parte do material de protección contra o coronavirus que repartiu o Concello de Barro entre os comercios que reabriron dentro da fase de desescalada

Material de protección contra o coronavirus entregado aos comercios Concello de Barro

Xel hidroalcólico, máscaras desbotables e reutilizables, pantallas de protección e carteis informativos. É parte do material de protección contra o coronavirus que repartiu o Concello de Barro entre os comercios que reabriron dentro da fase de desescalada.

Este reparto tamén se fixo hai unha semana cos negocios que xa retomaron a súa actividade.

De cara a este regreso dos cidadáns ás rúas, o goberno municipal manterá este martes unha xuntanza con todo o sector da hostalería para informarlles das iniciativas municipais de apoio e para escoitar as súas propostas para dinamizar a economía local. 

Os hostaleiros están citados en grupos de menos de dez persoas e en tres horarios distintos, cumprindo así coas normas marcadas polo Ministerio de Sanidade para poder celebrar este tipo de reunións con todas as garantías sanitarias.