Así será a Batalla de Flores de Pontevedra: chea de personaxes televisivos

Pontevedra
12 de agosto 2025
Actualizado: 13 de agosto

A Batalla de Flores iniciarase ás 19.00 horas en Loureiro Crespo para continuar por Benito Corbal, Cobián Roffignac e Pai Amoedo até a Avenida de Bos Aires.

Batalla de flores 2022
Batalla de flores 2022 / Cristina Saiz

Este mércores terá lugar unha das citas máis esperadas das Festas da Peregrina: a Batalla de Flores.

Con tal motivo o Concello de Pontevedra establece unha serie de medidas restritivas para a circulación e estacionamento durante a xornada deste 13 de agosto.

A Batalla de Flores iniciarase ás 19.00 horas en Loureiro Crespo para continuar por Benito Corbal, Cobián Roffignac e Pai Amoedo até a Avenida de Bos Aires, entre a Ponte de Santiago e a dos Tirantes.

Participarán a comparsa de xigantes e cabezudos Turoqua, a Charanga Solfamidas, os Gaiteiros das Rías Baixas, Dúos Pontes, un grupo folclórico de Portugal, Os Alegres, Charanga Mil9, Grupo Pola Vila, Fervellos do Pio e Os de Algures.

E os grupos de animación Furia da noite (Rivel), el flautista de Hamelin (Rivel), Guacamayos (Pablo Méndez), Arlekinados (Troula), Brain Rot (Barafunda), Expresso Macchiato (Rivel), O Mundo do Circo (Troula), Psychodelia (Troula), Fantasía (Pablo Méndez) e a Anaconda do Lérez (Barafunda).

E oito carrozas, coa Pantera Rosa, a Sirenita, Cars, Nemo, Madagascar, Doraemon, Lilo e Stich e Flamencos.

As rúas afectadas son a avenida de Lugo, entre Avenida Virxinia Pereira e Loureiro Crespo; San Amaro, entre a avenida Virxinia Pereira e Loureiro Crespo; a rúa Loureiro Crespo; Benito Corbal; Cobián Roffignac; Pai Amoedo e a avenida de Bos Aires, entre a ponte de Santiago e a ponte dos Tirantes con restricións só circulatorias ao termo da cabalgata.

Nun tramo da avenida de Lugo e San Mauro non se poderá aparcar a partir das 13.30 horas do martes 13 e prohibirase a circulación e o acceso á saída dos garaxes a partir das 16.00 horas.

A partir das 16.00 horas, a Policía Local procederá a pechar a área de concentración das carrozas e grupos de animación, que será na Rúa de San Amaro, entre Loureiro Crespo e Virxinia Pereira, e tamén o tramo da Avenida de Lugo entre Loureiro Crespo e Virxinia Pereira.

As rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Pai Amoedo quedarán cortadas ao tráfico a partir das 18:00 horas incluíndo tamén as rúas perpendiculares ao percorrido da Batalla de Flores.

Para acceder a urxencias do Hospital Provincial haberá que percorrer San Antoniño, Gonzalo Gallas e Loureiro Crespo. Para aproximarse ás urxencias do Hospital Quirón Saúde Miguel Domínguez, o acceso deberá efectuarse a través de Andrés Mellado, Sagasta (en sentido contrario) e Castelao.

A Batalla de Flores comezará sen música e outros sons de alto volume desde a súa saída até a rotonda da Pasarela co obxectivo de ofrecer así unhas festas máis diversas e inclusivas, pensando especialmente nas persoas con trastorno do espectro autista (TEA).