O campus de Pontevedra será prioritario para Belén Rubio se a candidata de H2040, a corrente do actual reitor, gana as eleccións á rectoría da Universidade de Vigo, que se celebrarán o próximo mes de maio.
Así o avanzou a candidata na Casa das Campás, onde coincidindo co arranque da campaña electoral presentou ao "equipo excelente" de profesionais que lle acompañaría nesta responsabilidade.
"Queremos que a universidade sexa coñecida polo campus de Pontevedra", indicou Rubio, que avanzou que considera imprescindible impulsar unha "reorganización sensata" do campus xa que o espazo "empeza a ser escaso".
Subliñou que estes problemas de ocupación son máis palpables, especialmente, en Ciencias da Educación e Belas Artes, polo que sostivo que os espazos comprometidos polo Concello "son moi necesarios para o futuro do campus".
Esta reorganización faríase, segundo avanzou a candidata a reitora, "en función das especialidades", de forma que se reforce a vinculación entre os ámbitos relacionados coa creatividade, por unha banda, e coa saúde, por outro.

A iso sumou o obxectivo de dotar a Pontevedra dunha residencia de estudantes, unha infraestrutura que considera "clave", atraer máis talento investigador, reforzar a internacionalización ou a incorporación de novas titulacións.
No equipo de Belén Rubio acompañaranlle, ademais, tres pontevedresas.
Emma Torres Romay, decana da Facultade de Comunicación, ocuparía a vicerrectoría de comunicación e normalización lingüística; e Eva Lantarón, até agora vicerreitora do campus, saltaría á vicerrectoría de estudiantado e captación.
Xunto a elas estaría Sara Domínguez Lloria, que sería a nova vicerreitora en Pontevedra, que na súa intervención destacou que o campus pontevedrés está nunha "posición vantaxosa" para captar titulacións e estudantes estranxeiros.

"Queremos que o campus creza e conecte mellor co territorio para ter unha maior proxcción académica", resumiu Belén Rubio.
Ante a "etapa decisiva de transformación" que afronta a Universidade de Vigo, a candidata de H2040 explicou que a institución debe reforzar o seu liderado académico e científico, ampliar o seu impacto social e consolidarse como motor de desenvolvemento.
Rubio reiterou que o seu equipo está "orgulloso" de seguir apostando por unha universidade "pública, plural e comprometida coa igualdade, que celebre a diversidade e que fomente os valores democráticos".