Benestar Social prevé aplicar accións e axudas específicas nos barrios máis vulnerables de Pontevedra

Pontevedra
27 de maio 2020

Un estudo municipal detectou os barrios máis sensibles económicamente da cidade ante as consecuencias sociais derivadas da pandemia sanitaria

 Banco de Alimentos de Pontevedra
Banco de Alimentos de Pontevedra / Mónica Patxot

Monte Porreiro e A Seca son dous dos barrios de Pontevedra que presentan maior vulnerabilidade económica ante as circunstancias desencadeadas pola pandemia da COVID19. Así se resolve nun informe encargado pola Concellería de  Benestar Social e  Igualdade do Concello de Pontevedra para precisar cales son as zonas máis desprotexidas nesta tesitura actual. Unha vez que se dispón dese dato trabállase para determinar cales son as necesidades específicas e proceder a aplicar axudas e accións específicas para atendelas.

 Ata o momento este departamento municipal destinou algo máis de 177.000 euros en protección de familias e persoas con falta de recursos e tramitouse unha modificación de crédito de 100.000 euros destinadas a axudas de emerxencia social que se suman a unha cantidade semellante xa consignada anteriormente.

Paloma Castro, concelleira de Benestar Social, sinalou que o Concello de Pontevedra "está preparado economicamente para dar resposta ás demandas que se vaian expondo, en alimentos, artigos de primeira necesidade ou doutro tipo, no que incumbe especialmente aos barrios máis vulnerables".

Actualmente o programa Porta a porta xa está a atender a 172 familias do municipio.