BNG e Marea rexeitan a idea do PP de potenciar Pontevedra como cidade de turismo relixioso

Pontevedra
15 de maio 2017

A comisión de Economía e Facenda rexeitou esta proposta que os populares levarán como moción ao pleno. Rafael Domínguez, presidente da comisión, tamén lamentou que o grupo de goberno só leve gastado 1 millón dos 19 millóns de euros previstos para este ano

Station of the Cross, Fatima 055
Station of the Cross, Fatima 055

O Partido Popular propón a BNG e a Marea cambiar o texto da moción que presentaron na comisión de Economía e Facenda para que sexa menos relixioso e manteña o obxectivo de atraer turistas ao Santuario das Aparicións da cidade. Rafael Domínguez, o concelleiro popular presidente desta comisión, sinala que ambos os grupos rexeitaron a proposta do PP.

Marea sinalou que as razóns as expoñerán no pleno municipal mentres que o BNG sinalaba que o contido resultaba moi relixioso.

Os populares afirman que levarán a moción ao pleno e esperan que algún dos grupos recapacite para potenciar as posibilidades económicas do turismo que visite Pontevedra para ver o lugar onde a Virxe co neno Xesús apareceuse a Sor Lucía, segundo o PP.

Por outra banda, Cidadáns presentaba unha moción para a creación dunha comisión de investigación de contratos, que foi denegada polo BNG, mentres que o PP e Marea abstivéronse. Domínguez alegou que se poden estudar os contratos na comisión de Economía e ofreceuse a investigar o que calquera grupo precise.

Por outra banda, o concelleiro popular aseguraba que o goberno do BNG atópase paralizado despois de ver o informe de liquidación do primeiro trimestre do 2017. O BNG ten pendente máis do 95% dos investimentos previstos para este ano. Apuntou que nos tres primeiros meses do ano, os gastos de investimento real non alcanzan o millón de euros dos 19 previstos no orzamento. Domínguez afirma que o BNG non é capaz de cumprir as súas propias previsións, mostrando falta de xestión e de coordinación.