O bo tempo anima o día grande da XLVI Festa do Viño, con éxito de asistencia

Barro
15 de xuño 2025

A XLVI Festa do Viño pechou este domingo catro xornadas de festa en Barro. O momento máis multitudinario da xornada foi a tradicional sardiñada popular e a comida tradicional

XLVI Festa do Viño de Barro
XLVI Festa do Viño de Barro / Cristina Saiz

XLVI Festa do Viño pechou este domingo catro xornadas de festa en Barro cun día grande marcado polo bo tempo e a afluencia masiva.

Consolidado xa como unha cita de referencia no calendario festivo da comarca, este evento congregou na explanada do Pazo decenas de persoas que buscaban gozar do viño, da música e do xantar especial organizado.

O viño foi o gran protagonista, coa celebración das catas finais dos caldos do certame Rías Baixas e dos viños de colleiteiro.

O momento máis multitudinario da xornada foi a tradicional sardiñada popular e a comida tradicional.

A implicación da veciñanza resultou fundamental na cita, que destaca pola autenticidade e a posta en valor do produto local, combinación de tradición e modernidade.

Non faltou a vertente musical. A Banda de Música Xuvenil de Barro e o cantante Antonio Barros deron un concerto presentado por Xurxo Souto que buscou poñer en valor esta agrupación musical local como símbolo de identidade e orgullo colectivo.