Os montes galegos volven ser zona de operacións para a Brigada Galicia VII, Brilat, que desde este venres 15 de agosto inicia unha nova edición da operación Sentinela de prevención de incendios forestais.
Este ano despregaranse un total de 35 patrullas, cinco máis que en 2024, 30 da Brilat para os montes de Lugo, Ourense e Pontevedra e cinco do Terzo Norte da Armada para os da Coruña.
Ademais do despregamento sobre o terreo, unha unidade de vixilancia aérea con avións tripulados traballará de forma remota no operativo en horario de diúrno e nocturno.
Patrullarán ata o 30 de setembro, baixo control operativo do mando de operacións da Brilat.

Durante mes e medio, as patrullas terrestres realizarán o seu labor de vixilancia e disuasión nun total de 39 municipios repartidos en 8 distritos forestais.
Esta campaña é resultado dun convenio asinado entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia e o despregamento de patrullas poderase variar ou reforzar en cada zona para adaptarse á valoración do risco.
Durante o ano 2024, empregáronse un total de 62 vehículos de diferentes modelos, percorréronse un total de 208.000 quilómetros e realizáronse arredor de 3.300 patrullas tanto de presenza en municipios como de vixilancia desde diferentes observatorios.
Durante mes e medio do ano pasado, sumáronse un total de 3.650 minutos de vixilancia e observación diúrna/nocturna co emprego dos sistemas aéreos tripulados de forma remota, chegando ao final da operación cun saldo de 37 avistamentos notificados á Xunta.
