O entroido despediuse este domingo 9 de marzo en Bueu cunha inesperada tarde de sol para recibir ao seu tradicional fin de festa, o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro.
A comitiva partiu ás 17.00 horas desde a Rúa Montero Ríos para pasar por Francisco Escáneo, Pazos Fontenla e Castelao antes de concluír en Banda do Río.
Alí, na praia e como manda a tradición, culminouse a xornada coa queima do paxaro.
Como en anos anteriores, a figura do Paxaro de Mal Agoiro foi elaborada para a ocasión polo artista local Tino Resille.
No desfile participaron unha vintena de colectivos e persoas.

O xurado examinou as súas propostas e disfraces determinando os seguintes premios:
- Individuais: O home das neves (1º premio)
- Parellas: Sonny Angel (1º premio) e María Rosa González Alonso (2º premio)
- Agrupacións de entre 3 e 15 compoñentes: El corralito (1º premio)
- Agrupacións de máis de 15 compoñentes: Toxiñas (1º premio), Asociación Cultural Amigos dos rapaces (2º premio), Fenómenos atmosféricos (3º premio)
- Comparsas de Bueu: Ex-aequo As Faltriqueiras e Tinta Femia (1ºpremio), Os do Pinsel (2º premio), Os kantaclaro (3º premio)
- Anpas de Bueu: Anpa Cabo Udra (1º premio), Anpa Ceip Torre - Cela (2º premio)