Bueu vai de tapas para acompañar o festival de curtas

Bueu
06 de setembro 2018

Un total de 14 establecementos hostaleiros participarán desde este venres na terceira edición da Ruta das Tapas Cinco Estrelas 

Presentación da terceira edición da Ruta das Tapas Cinco Estrelas
Presentación da terceira edición da Ruta das Tapas Cinco Estrelas /

Un total de 14 establecementos hostaleiros de Bueu participarán, desde o vindeiro venres 7 de setembro e ata o día 16, na terceira edición da Ruta das Tapas Cinco Estrelas, organizada polo Concello en colaboración do FICBUEU.

Esta iniciativa nación coa intención de unir gastronomía e cinema durante a semana do festival de curtos, polo que todas as propostas teñen o nome dunha produción audiovisual.

Ademais o director do FICBUEU, Manuel Pena, revelou que nesta edición do concurso gastronómico "contaremos cunha cervexa artesá conmemorativa do festival".

Os locais e propostas a concurso que competirán polos premios do xurado e do público son: A Centoleira con 'Titanic', A Cepa con 'Pradolongo', Aturuxo BOK con 'O bosque animado', A Esmorga con 'Jiro, dreams of sushi', la Cafetería Centro Social con 'Fariña', Noite Tapas con 'O mapa dos sons de Tokyo', O Pazo con 'Patton', O Ratiño Pequeño con 'Death Proof', Casa Quintela con 'Jurassic World', El Reloj con 'In time', Volver con 'Jeux d'enfants', O Farol con 'Call me by your name' e La Perfecta con 'Charlie e a fábrica de chocolate'.

Os petiscos terán un prezo de 2 euros e poderanse degustar de 12:00 a 14:00 horas e de 20:00 a 22:00 horas.