Buscan a experiencia de Pontevedra para frear o "efecto Glasgow" e que morrer novo deixe de ser a norma

Pontevedra
22 de agosto 2019

Principalmente, desde o punto de vista sociolóxico e psicolóxico, o efecto Glasgow é utilizado para mencionar unha alta incidencia de suicidios, especialmente de persoas entre os 15 e 45 anos de idade  

Fernández Lores e Juliana O'Rourke
Fernández Lores e Juliana O'Rourke / Mónica Patxot

Glasgow é a maior cidade de Escocia, a terceira do Reino Unido, figura como unha das primeiras 20 economías de Europa, con todo a súa poboación sofre importantes problemas de saúde que inciden na esperanza de vida. De acordo coa Organización Mundial da Saúde, Glasgow é un exemplo de "inequidades" na saúde. A isto coñéceselle como "o efecto Glasgow".

Principalmente, desde o punto de vista sociolóxico e psicolóxico, o efecto Glasgow é utilizado para mencionar unha alta incidencia de suicidios, especialmente de persoas entre os 15 e 45 anos de idade.

O goberno de Escocia quere sanar a esta cidade enferma e ten en marcha un plan a 20 anos vista e con 150 millóns de libras para investir nesta zona para que morrer novo deixe de ser a norma.

Entre o 9 e o 10 do vindeiro mes de outubro na localidade de Glasgow vaise celebrar o Internacional Healthy Streets Summit 2019. Un congreso no que se queren fixar as directrices da xestión dun plan de investimento para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este xoves a Juliana O'Rourke, directora de la empresa organizadora deste congreso que quere contar coa experiencia da Boa Vila con respecto a xestión do tráfico, a infancia e o benestar social.

Pontevedra compartirá mesa con responsables dos gobernos de estarán os rexedores de Leichtenstein, París e Budapest.