Buscan unha solución para encaixar a singularidade do Grove nos GES

O Salnés
17 de novembro 2020

A Xunta pechou este martes un acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coas deputacións provinciais para crear 5 novos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e un servizo municipal de emerxencias

Accidente cun vehículo envorcado no Grove GES Sanxenxo

A Xunta pechou este martes un acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coas deputacións provinciais para crear cinco novos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e un servizo municipal de emerxencias.

Na provincia de Pontevedra suporá a creación de tres novos GES na Cañiza, A Lama e en de Mos/Redondela cunha base en cada un dos dous municipios.

Ademáis a Xunta e a Deputación de Pontevedra continuarán traballando para tratar de alcanzar un acordo que permita integrar ao concello de O Grove no sistema dos GES ao obxecto de mellorar a calidade do servizo municipal actual.

O Grove tan só dispón dun convenio singular para as emerxencias, á marxe do sistema GES, no que debe achegar gran parte do custo anual, moi por enriba do que lle correspondería no caso de dispoñer da base dun grupo supramunicipal.