A Policía Local de Sanxenxo acordoou un tramo da Rúa Carabuxeira tras caer parte dun muro dunha das propiedades privadas que hai na zona.
O suceso produciuse sobre as sete da tarde deste pasado domingo.
Os veciños xa alertaran dos primeiros desprendementos horas antes.
Estes primeiros cascotes xa foran retirados polos axentes tras a alerta veciñal.
Nunha segunda intervención, foron os membros do GES de Sanxenxo os que acudiron ao lugar para retirar máis pedazos.

Pero antes de que se puidese actuar sobre o muro, este esborrallou parcialmente.
Aínda que a rúa non quedou formalmente cortada, si foi acordoada a zona por motivos de seguridade, evitando que coches e peóns aproxímense á estrutura.
Desde o goberno municipal confirman que as autoridades xa se puxeron en contacto cos propietarios da vivenda á que pertence este muro.
Os seus donos, que residen en Madrid, faranse cargo este mesmo luns de recoller os restos do muro e de aseguralo para evitar que se produzan novos desprendementos.