A Deputación de Pontevedra inicia esta semana a entrega de composteiros individuais aos concellos 'Revitaliza' coa finalidade de fomentar a compostaxe domiciliaria. Esta entrega se realiza coincidindo coa celebración da 'Semana Internacional do Compost'.
Cambados e Sanxenxo, xunto a Soutomaior, Olia e O Rosal serán os primeiros en recibir os depósitos, que despois serán distribuídos entre as persoas interesadas que teñan vivendas con hortas.
En total van repartirse 2.000 composteiros individuais entre 20 concellos da provincia. Neste primeira repartición, Cambados disporá de 26 e Sanxenxo de 64.
Os restantes recipientes van repartirse de forma progresiva segundo as solicitudes dos concellos Revitaliza, unha vez que presenten a solicitude e complementen a entrega de documentación coa memoria na que conste o número de persoas interesadas en lograr un composteiro e coa estratexia de repartición e formación.
Estas entregas complementan a compostaxe comunitaria que se desenvolve nos diferentes municipios da provincia. A Deputación xa instalou máis de 116 centros comunitarios en zonas de densidade media e de grandes produtores en 30 municipios.
Para consultar eventos e obter máis información sobre compostaxe, a Deputación invita a consultar a páxina web www.revitaliza.depo.gal.