Cambios no tráfico polo Desfile do Entroido en Pontevedra

Pontevedra
14 de febreiro 2023

Por mor da celebración do tradicional Desfile do Entroido, este sábado día 18 de febreiro de 2023 se producirán restricións para a circulación de vehículos na cidade de Pontevedra

Desfile do Entroido
Desfile do Entroido / Diego Torrado

Por mor da celebración do tradicional Desfile do Entroido, este sábado día 18 de febreiro de 2023 se producirán restricións na circulación de vehículos na cidade de Pontevedra.

Segundo informa a Policía Local, a zona de concentración dos participantes no Desfile será na rúa José Malvar, que se pechará ás tres da tarde, o percorrido será desde este punto pasando por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Praza da Peregrina, Michelena, Praza de España, Alameda e recollida en Echegaray. Este itinerario péchase ao tráfico ás catro da tarde, momento a partir do cal non se permitirá o acceso ou saída dos garaxes que se atopen no percorrido.

As rúas con sentido de circulación cara as vías sinaladas atoparanse pechadas ao tráfico. 

O acceso ao Hospital Provincial para os servicios emerxencia farase denne Beiramar (por Padre Gaite, San Antoniño, Victor Cervera Mercadillo e Loureiro Crespo), e tamén dende Eduardo Pondal (por Uxío Novoneira e Joaquín Costa). O acceso ao Hospital Quirónsalud será pola Praza de Galicia, Andrés Mellado, Sagasta (sentido contrario) e rúa Castelao.

Con antelación suficiente débese comunicar á Policía Local ( 986-833-080 ) a necesidade de acceder ao centro asistencial para que se poidan adoptar as medidas que procedan.