Campañó logra dobre podio na "tradición secular" da Festa dos Maios

Pontevedra
01 de maio 2025

Gañou o primeiro premio ao Maio e o Especial Maios. A historiadora María Vidal agradeceu a participantes e público que "estades contribuíndo á transmisión dunha das nosas tradicións mais senlleiras"

Maio de Campañó, na Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Maio de Campañó, na Festa dos Maios en Pontevedra 2025 / Cristina Saiz

A asociación cultural e deportiva de Campañó foi este xoves, 1 de maio, a gran vencedora da Festa dos Maios que, fiel á tradición, se celebrou na Praza da Ferrería e, animada polo bo tempo, tivo moito éxito de asistencia

Este colectivo gañou o primeiro premio ao Maio, o primeiro á Coroa e tamén o Premio Especial Maios e o segundo nas categorías de Cantigas e Interpretación.

No caso do premio do xurado, este ano foi ex aequo para os maios de San Xulián e o CEIP Froebel

No premio ao Maio, ademais do primeiro posto de Campañó, resultaron premiados os proxectos de Marcón (2), CEIP Campolongo (3) e CEIP Marcos da Portela (4)

Na categoría de Cantigas, o primeiro premio foi para o CEIP Marcos da Portela e tamén resultaron premiados os proxectos de Campañó (2), CEIP Campolongo (3) e Marcón (4)

No caso da Interpretación, o primeiro premio foi para o CEIP Campolongo e tamén resultaron premiados os proxectos de Campañó (2), CEIP Marcos da Portela (3) e CEIP Froebel (4)

Na categoría de Coroa, ademais do primeiro posto de Campañó, resultaron premiados os proxectos de Marcón (2), CEIP Macos da Portela (3) e Maio de Figueirido (4)

Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Maio de Campañó, na Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025
Festa dos Maios en Pontevedra 2025

A benvida á festa deuna este ano a historiadora María Vidal Solla, que lembrou que se trata dunha "tradición secular na nosa cidade" e deu as grazas ao Concello, as persoas participantes e o público porque "estades contribuíndo activamente á transmisión dunha das nosas tradicións mais senlleiras" .

Dos maios María Vidal quixo destacar que "son verdadeiras crónicas da vida e da actualidade" e que "son crítica, retranca, humor... e amor polo noso nestes tempos no que todo está globalizado e estandarizado".

"O maio é tamén un espazo de creación e construción colectivas, o que semella unha reminiscencia do pasado nunha sociedade tan individualista e personalista como a presente", destacou a historiadora, defensora da "necesidade de preservar estas manifestacións culturais que son tamén elementos de cohesión social".

Tamén fixo fincapé en que este 17 de maio, o Día das Letras Galegas está adicado á poesía popular de transmión oral, personificada na figura das cantareiras Eva Castiñeira (Muxía), Adolfina e Rosa Casás (Cerceda) e Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema (Mens), unha "merecidísima e agardada homenaxe" que fan extensiva a todas aquelas muleres creadoras e transmisoras dun "enorme legado"

"Sen saber ler nin escribir, foron quen de compoñer cantigas dunha calidade literaria e dunha beleza extraordinarias e, ademais de contribuír á conservación e transmisión da lingua e da nosa idiosincrasia, foron tamén grandes interpretes e xenerosas informantes das que temos exemplos na nosa cidade", sinalou María Vidal, para pasar a mencionar a Elena Alonso, que rexentou durante moitos anos o bar Carabela.