Un total de once comparsas xa comprometeron a súa participación no desfile de Entroido que terá lugar este sábado, a partir das 16:30 horas, polas rúas do centro de Campo Lameiro. O Concello destina este ano para premios máis de 5.000 euros e os interesados en participar no concurso de disfraces deberán inscribirse previamente no Consistorio desde as 15 horas e rematará o prazo quince minutos antes de que a comitiva carnavaleira inicie o seu pasarrúas.
Nesta edición do Entroido de Campo Lameiro teñen comprometida a súa presenza Os Solfamidas, como anfitriones, asi como as comparsas Os Miúdos de Arcade, Os Paparrulos e os da Caña de Marín, Os Amoriños de Bora, Luces de Tomiño, Las Flores del Carnaval de Monte Porreiro, As Sonecas e os 100 Tolos de Campelo (Poio), Os Canecos de Poio e A Vila de Ponteareas.
Os premios para o concurso de disfraces dividiranse nas categorías individual (nenos e adultos), grupos adultos e nenos e 3 premios especiais de animación de 100 euros, así como un premio especial do xurado de 200 euros.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.