O programa Hefesto, que este 2017 se centra no mundo da arte, saíu este venres á rúa para apostar pola arte inclusiva. Os participantes elaboraron un graffiti na rúa Cruz Gallastegui.
Integrantes das distintas asociacións que participan no Hefesto 2017 elaboraron o mural durante toda a mañá coa axuda do creador pontevedrés O'Ras.
Co título Arte Inclusiva, o proxecto ten como finalidade promocionar a inclusión social e a participación activa das persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade.
Participan no Hefesto 2017 as asociacións Amencer, Amizade e COGAMI, XOGA, Juan XXIII e Xuntos Síndrome de Down.