Canelas estrea a súa área biosaudable con espazo para a práctica de calistenia

Sanxenxo
31 de maio 2022

No parque nstalouse unha área de calistenia nun espazo diferenciado e un parque biosaudable con bicicleta estática, unha roda grande, dous pedais estáticos, unha cadeira para adestrar pectorais, un esquí de fondo, un remo, un slalom, un xiro de cintura e uns patíns

Parque biosaudable de Canelas
Parque biosaudable de Canelas /

Portonovo conta xa cun novo espazo deportivo e multidisciplinar en Canelas. O parque, que substitúe a unha área infantil que estaba deteriorada, foi inaugurado este martes polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza.

Nel, o goberno municipal ha investido uns 40.000 euros, dos cales case o 60% foi sufragado cunha subvención do GDR Salnés Ulla-Umia e o resto con fondos municipais.

O parque conta con módulos colocados de forma secuencial para que se vaian traballando os grupos musculares do tren superior e inferior e do tronco.

Instalouse unha área de calistenia nun espazo diferenciado e un parque biosaudable con bicicleta estática, unha roda grande, dous pedais estáticos, unha cadeira para adestrar pectorais, un esquí de fondo, un remo, un slalom, un xiro de cintura e uns patíns.

Este parque, segundo Telmo Martín, "vén a completar a oferta lúdica deportiva dende os 3 ata os 100 anos no municipio", contribuíndo a fomentar o exercicio ao aire libre.

Con respecto aos parques infantís, o Concello prevé sacar en breve a licitación a mellora das súas 25 áreas tras a realización dunha análise das zonas de xogo no que se detectaron diversas deficiencias e desgaste polo uso. 

O contrato, que sairá a concurso por algo máis de 100.000 euros, incluirá tamén tarefas de mantemento pola empresa que leve a cabo os traballos durante polo menos un ano.