Caras terroríficas na Noite dos Calacús

Pontevedra
01 de novembro 2017

A praza da Verdura volveu converterse no espazo onde as cabazas foron as protagonistas para dar vistosidade á noite dos mortos máis divertidos

Festa das Cabazas na praza da Verdura
Festa das Cabazas na praza da Verdura / Mónica Patxot

A praza da Verdura volveu converterse no espazo onde as cabazas foron as protagonistas para dar vistosidade á noite dos mortos máis divertidos.

Decenas de escolares participaron nesta festa onde se decoran as cabazas formando caras. Os máis pequenos baleiraban este vexetal con cunchas de vieira para despois colocar unha candea no seu interior.

Moitos dos rapaces foron disfrazados con traxes de personaxes de terror a este encontro cunha das tradicións de máis arraigo en Galicia.