Carmela Silva aposta polo turismo sustentable ante a Fundación Goberno e Democracia Local

20 de marzo 2018

A Deputación Provincial acolleu unha xornada sobre turismo e medio ambiente onde representantes das deputacións, cabildos e consellos insulares poñen en común as súas experiencias

Xornada de Turismo medio ambiental na Deputación
Xornada de Turismo medio ambiental na Deputación / Deputación de Pontevedra

A Fundación Goberno e Democracia Local organizaba este martes unha xornada sobre Turismo e Medio Ambiente que se desenvolvía na Deputación Provincial. Este encontro pretende compartir experiencias e establecer estratexias comúns entre deputacións, cabidos e consellos insulares.

Neste caso, ao redor de cincuenta representantes analizaron os aspectos medio ambientais e o efecto sobre o turismo. A presidenta da  Deputación Provincial, Carmela Silva sinalaba a importancia de buscar modelos turísticos sustentables que garantan o futuro respectando as diferenzas. 

Nesta cita participaron diferentes expertos tanto en materia lexislativa como en xeografía e en planificación de Turismo, entre outras especialidades.

A xornada concluía cunha mesa redonda sobre as experiencias de xestión turística e ambiental.