Carmela Silva asegura que o proxecto de Luís Rocafort non se axustaba ao Plan Xeral de Sanxenxo

Sanxenxo
13 de febreiro 2016

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, respondeu ás protestas dos populares en Sanxenxo polo atraso que acumula o proxecto de reforma da avenida Luís Rocafort, asegurando que a actuación non se axustaba ao Plan Xeral

Avenida Luis Rocafort, Sanxenxo
Avenida Luis Rocafort, Sanxenxo /

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, respondeu ás protestas dos populares en Sanxenxo polo atraso que acumula o proxecto de reforma da avenida Luís Rocafort, asegurando que a actuación non se axustaba ao Plan Xeral.

Silva remitiuse ás declaracións efectuadas polo alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e insistiu nos graves defectos deste proxecto aprobado polo anterior presidente, o popular Rafael Louzán que do mesmo xeito que outras obras herdadas do PP presenta "múltiples irregularidades".

Visiblemente contrariada por este asunto a presidenta explicou que o novo goberno da Deputación ten que emendar proxectos en distintos municipios que, do mesmo xeito que o caso de Sanxenxo, non se axustan aos plans en vigor. Neste sentido, Carmela Silva criticou ao PP polo seu labor de "descalificación" que, segundo dixo, trata de "facer da política un campo de batalla".

Este mesmo venres en rolda de prensa a concelleira do Partido Popular, María Deza, reiterou as críticas pola "paralización" das obras en Luís Rocafort, afirmando que se Telmo Martín fose alcalde a reforma da avenida terminaría o pasado verán.