Carmela Silva lamenta que Andrés Díaz use o Concello de Ponte Caldelas para promocionar a Pedro Sánchez

Pontevedra
15 de marzo 2017

A presidenta da Deputación dá un toque de atención alertando da necesidade de separar as institucións das actividades meramente orgánicas e políticas

Carmela Silva con Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas
Carmela Silva con Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas

A presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, ve con ollos críticos a acción do alcalde socialista Andrés Díaz de convidar ao Concello de Ponte Caldelas ao candidato ás primarias do PSOE, Pedro Sánchez durante este mércores 15 de marzo.

Silva indicou que é moi respectuosa coas decisións dos responsables municipais pero aclara que ela nunca actuaría desta forma. A máxima dirixente provincial entende que hai que separar as institucións das actividades meramente orgánicas e políticas.

Carmela Silva sinalaba que, no seu momento, tamén criticara que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse con deputados do PP na Deputación. As institucións son os espazos onde reside a vontade popular, afirma. 

En relación co proceso de primarias en que se move o Partido Socialista, Carmela Silva engadía que cada un, en referencia a Andrés Díaz, é libre de facer "o que considere". E aclaraba que a ela ninguén ten que consultarlle sobre estas cuestiones pero insistiu en que as institucións non son de quen as dirixe senón da cidadanía.

A presidenta provincial tamén publicaba en redes sociais que cando se dirixe unha institución hai que saber que non é a sede do teu partido afirmando que "confundirlo es tener pocos principios democráticos".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora