Esta fin de semana Patxi López celebrará diversos actos con militantes do PSdeG-PSOE en diferentes provincias. Unha das citas máis destacadas será o encontro que na mañá do domingo (12:30 h.) manterá no Café Moderno de Pontevedra cos militantes e simpatizantes socialistas da cidade.
O acto servirá para que o ex lehendakari, aspirante a secretario xeral do PSOE nas primarias que o partido celebrará a finais do mes de maio, explique o seu proxecto para a nova etapa do PSOE, pero sobre todo -destacan desde o equipo de López- para que os asistentes podan plantexar dúbidas, preguntar, propoñer... todo canto estimen oportuno, en definitiva, para "escoitar e dialogar", aseguran.
Nesa liña, o acto será aberto á cidadanía, non só restrinxido a militantes, porque "só escoitando a todos os que nos queren, aos que desexan o mellor para o PSOE, volveremos construír un proxecto de maiorías, gañador", destacan desde a organización.
Patxi López, o primeiro dos tres aspirantes a liderar do PSOE que visita a cidade de Pontevedra, será presentado polo deputado Guillermo Meijón, compañeiro seu no Congreso e un dos redactores das propostas en materia de ensino recollidas no documento "Más de 100 razones para unir al PSOE", presentado recentemente pola candidatura de López.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.