Patxi López, parada pontevedresa para defender a integración no PSOE: "Si seguimos divididos, perderemos todos"

Pontevedra
19 de marzo 2017

Antes dun encontro cun centenar de militantes en Pontevedra, puxo a mirada no día seguinte da designación do novo secretario xeral do PSOE e apostou por que, saia quen saia, abra "un espacio y un tiempo para buscar la integración", pois "un partido en el que seguimos divididos da igual quién gane las primarias, porque perderemos todos"

Encontro de Patxi López con militantes do PSOE de Pontevedra
Encontro de Patxi López con militantes do PSOE de Pontevedra / Diego Torrado

O ex lehendakari e ex presidente do Congreso, Patxi López, preséntase como candidato ao proceso de primarias socialistas coa integración no horizonte. Este domingo, antes dun encontro cun centenar de militantes en Pontevedra, puxo a mirada no día seguinte da designación do novo secretario xeral do PSOE e apostou por que, saia quen saia dos tres candidatos, abra  "un espacio y un tiempo para buscar la integración".

No seu caso, se sae elixido, o primeiro que fará será chamar aos outros candidatos para "ver cómo buscamos esa integración" para empezar un proxecto socialista que integre propostas, vontades e modelos e que teña "una dirección compartida y un proyecto colectivo". No caso de que os elixidos sexan Susana Diaz ou Pedro Sánchez, seguirá no partido "para ayudar", chamará a quen designase a militancia e poñerase á súa disposición.

"Que la militancia elija pero que luego abramos el tiempo para integrar y para sumar", pediu ao resto de candidatos antes do segundo dos seus actos desta fin de semana en Galicia. Tras pasar por Monforte, elixiu a cidade do Lérez e un acto con militantes no Café Moderno no que buscaba o "contacto directo" cos afiliados cos militantes para "escuchar" as súas propostas, diferentes modelos e iniciativas. 

Patxi López chegou acompañado polo deputado no Congreso Guillermo Meijón, a deputada autonómica Patricia Vilán e o concelleiro pontevedrés Iván Puentes e logrou apoios de figuras reconocibles do partido como o ex delegado do Goberno, Antón Louro; ou o ex secretario provincial do PSOE, Modesto Pose.

Ademais, desprazáronse a saudalo ao Café Moderno outros dirixentes socialistas que esta semana xa deron o seu apoio público a outro dos candidatos ao proceso de primarias, Pedro Sánchez, como o secretario local pontevedrés, Agustín Fernández (como anfitrión ao ser o acto na súa cidade), ou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Diaz.

No seu paso por Pontevedra, López quixo facer partícipes desa aposta pola integración a todas as sensibilidades existentes na actualidade no PSOE, pois cre que o fundamental é entender que "un partido en el que seguimos divididos da igual quién gane las primarias, porque perderemos todos".

"Un PSOE en donde sigamos gritándonos entre nosotros, no nos va a escuchar nadie fuera", lamentou e tendeu a man a todos os militantes, apoieno ou non, pois asgura que non vai xogar a clasificar aos militantes en bos ou malos, en vermellos ou azuis, esquerdas e dereita. Facelo, na súa opinión, propiciaría "una nueva fractura" e el quere un partido que se volva a xuntar e sexa "la referencia de la izquierda que necesita este país".

A preguntas dos xornalistas, tamén se referiu ás críticas realizadas polo equipo de Pedro Sánchez á parcialidade da xestora federal e cuestionounas porque considera que "no podemos estar jugando a crear dudas o sospechas" sobre o procedemento. Ademais, defendeu o labor dos traballadores de Ferraz que se encargan do censo, pois "levan toda a vida nisto" e non cre que se pode dubidar da súa imparcialidade e da súa profesionalidade.